
Convocatoria de axudas a clubs, SAD e agrupacións deportivas escolares para subvencionar os gastos do ano 2011.
- INFORMACIÓN BÁSICA -
(Texto completo publicado no DOG nº 244, do 23 de decembro de 2011)
Este documento reflicte información básica da convocatoria de axudas, co obxectivo de facilitar, ás posibles
entidades beneficiarias, a tramitación da súa solicitude.
Non é substitutivo do texto publicado no DOG nº 244, do 23 de decembro de 2011.
1. OBXECTO DAS SUBVENCIÓNS:
Estas subvencións teñen por finalidade o fomento e a promoción do deporte galego no seu ámbito
deportivo-competitivo e no do deporte en idade escolar.
Teñen por obxecto financiar os gastos derivados da participación por parte das entidades e clubs
en competicións de carácter oficial no ano 2011. No que respecta ás agrupacións deportivas
escolares, financiaranse os gastos acometidos pola participación na campaña de deporte escolar
da Secretaría Xeral para o Deporte (programa Xogade).
2. PODERÁN SER BENEFICIARIOS:
a. Clubs Deportivos.
b. Sociedades Anónimas Deportivas.
c. Agrupacións Deportivas Escolares participantes no programa XOGADE.
3. AXUDA MÁXIMA POR BENEFICIARIO:
a. Clubs Deportivos e S.A.D.: a axuda máxima será inferior aos 30.000 €.
b. Agrupacións Deportivas Escolares: a axuda máxima establécese en 15.000 €.
4. PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
a. Presentarase unha única solicitude por entidade. As entidades que participen en
actividades deportivas de máis dunha federación deportiva, e desexen recibir subvención pola
actividade desenvolvida en cada unha delas, deberán reflectir, na instancia de solicitude, cada
unha das federacións nas que desenvolve a súa actividade deportiva.
b. As solicitudes dirixiranse aos servizos provinciais da Secretaría xeral para o deporte.
A Coruña: Praza de Agustín Díaz, 1. 15008 A Coruña
Lugo: edificio administrativo. Ronda da Muralla, 70-1º. 27
Ourense: Avda. de La Habana, 79-4º. 32004 Ourense
Pontevedra: Rúa Fernández Ladreda, 43-5º. 36003 Pontevedra
c. A data límite para a presentación de solicitudes é o 23 de xaneiro de 2012.
d. Documentación a presentar:
Instancia de solicitude (anexo II).
Declaración doutras axudas (anexo III).
Declaración de axudas de minimis -só no caso das S.A.D.- (anexo VIII).
Copia do CIF
Copia do DNI do presidente no caso de non autorizar, á Secretaría Xeral para o Deporte, a
consulta dos seus datos. A autorización faise no anexo II.
e. ¿Cómo presentar a solicitude?
A instancia de solicitude deberá cubrirse na web www.deportegalego.es
Unha vez cuberta deberá imprimirse e, xunto co resto de documentación, presentarase nos
Servizo provinciais da Secretaría Xeral para o Deporte.
5. INSTRUCIÓN DO PROCEDEMENTO:
a) Recibidas as solicitudes, de ser necesario, haberá un prazo no que se requerirá ás entidades
que subsanen a documentación incorrecta.
b) As Federacións galegas certificarán os datos deportivos (da última tempada rematada).
c) Os datos certificados polas federación serán expostos para que as entidades poidan presentar
alegacións.
d) Finalizado este prazo, publicarase o listado de axudas concedidas.
6. DATOS DEPORTIVOS A VALORAR, QUE SERÁN CERTIFICADOS POLAS FEDERACIÓNS:
a. Competición deportiva principal na que participa a entidade (ata 40 puntos).
No caso dos clubs e SAD de competición principal por ligas:
nivel (1º, 2º,&hellip

da liga na que participa a entidade na categoría absoluta e/ou na categoría
previa á absoluta (xuvenil ou outra denominación).
número de ligas da modalidade en categoría absoluta e previa ás que se accede por
clasificación.
número de licencias da modalidade no conxunto do estado.
participación en competicións europeas ás que se accede por clasificación.
No caso dos clubs e SAD de competición principal por campionatos:
número de participacións e de primeiros postos na competición mais relevante no ámbito
nacional, na categoría absoluta.
número de licencias da modalidade no conxunto do estado.
No caso dos clubs organizadores de probas dun campionato galego oficial:
dirixido ás entidades que cumpran as condicións recollidas no artigo 7.1.1.A.c., a
valoración farase en base ao número de probas e de participantes que integran o
campionato (só se valorará unha única proba por entidade).
b. Número de licenzas federativas na categoría prevía á absoluta e anteriores (ata 20
puntos). Reflectindo se a relación entre o número de licenzas e a participación de deportistas
en, cando menos, unha competición oficial do calendario da federación galega correspondente
é inferior ao 20%, estea entre o 20 e o 50% ou é superior ao 50%.
c. Número de equipos participantes en deportes colectivos nas Ligas A da campaña de
deporte escolar da Secretaría Xeral para o Deporte (ata 14 puntos).
d. Pola participación na actividade “Coñece o meu club” do programa Xogade (1 punto).
e. Participación en Campionatos de España ou, de non habelo, na competición deportiva
de ámbito nacional mais relevante (ata 10 puntos).
No caso dos clubs e SAD de competición principal por ligas:
número de equipos e deportistas que participaran na competición deportiva de ámbito
nacional mais relevante para a modalidade, en todas as categorías
Número de equipos de categoría absoluta que, non participando na competición deportiva
de ámbito nacional máis relevante, participen en ligas que conten con equipos de, polo
menos, 3 comunidades autónomas.
No caso dos clubs e SAD de competición principal por campionatos:
número de deportistas clasificados para participar nas 2 competicións deportivas de ámbito
nacional mais relevante para a modalidade, en todas as categorías.
f. Número de licenzas federativas na categoría absoluta (ata 5 puntos). Reflectindo se a
relación entre o número de licenzas e a participación de deportistas en, cando menos, unha
competición oficial do calendario da federación galega correspondente é inferior ao 20%, estea
entre o 20 e o 50% ou é superior ao 50%.g. Número de licenzas federativas de adestradores (ata 5 puntos).
h. Número de deportistas nas categorías absoluta, previa absoluta e intermedia que
participaran coa selección española en competición oficiais de ámbito internacional (ata 5
puntos).
7. XUSTIFICACIÓN DA SUBVENCIÓN - DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:
a. Anexo IV: Solicitude de aboamento da axuda concedida.
b. Anexo III: Declaración doutras axudas.
c. Anexo V: Memoria con indicación das actividades realizadas e dos resultados.
d. Anexo VI: Relación clasificada dos gastos efectuados e pagados por un importe equivalente,
polo menos, ao da subvención concedida.
e. Anexo VII: Detalle doutros ingresos e subvencións que financien a actividade subvencionada.
f. Anexo VIII (só no casa das SAD): Declaración de axudas de minimis.
d. Certificado orixinal da titularidade da conta bancaria onde se fará o ingreso da subvención.
8. GASTOS SUBVENCIONABLES
Serán gastos subvencionables aqueles que a entidade teña asumido, do 1 de xaneiro ao 31 de
decembro de 2011, nalgún dos seguintes conceptos:
No caso dos clubs e SAD:
a) Licenzas federativas aboadas.
b) Seguros deportivos aboados e outros seguros contratados, relacionados coa actividade
deportiva, que non fosen obxecto doutras axudas, subvencións ou achegas desta ou doutras
administracións ou entes públicos ou privados, nacionais, da Unión Europea ou de organismos
internacionais
c) Inscricións en competicións oficiais aboadas e outros gastos propios do calendario que
asumirá o club por normativa de competición.
d) Gastos de arbitraxes.
e) Gastos de adestradores/as.
f) Gastos relacionados co transporte, e medios de transporte utilizados para asistir a
adestramentos e competicións.
g) Gastos de manutención e aloxamento para asistir ao calendario de competicións.
h) Material deportivo non inventariable (balóns, equipacións, etc).
i) Produtos básicos de farmacia/caixa de urxencias.
No caso das agrupacións deportivas escolares:
a) Gastos de organización (material de oficina, comunicacións, desprazamentos, persoal de
apoio, arbitraxe, e outros directamente imputables á organización da actividade).
b) Material deportivo non inventariable (balóns, equipacións, etc.).
Para máis información prema aqui.
Tags: SUBVENCIONS, NOVAS, CLUBS